A residencia Jesús Bal y Gay dona ao Banco de Alimentos os 250 quilos de víveres recollidos no marco dunha campaña solidaria

A residencia universitaria Jesús Bal y Gay do campus de Lugo vén de formalizar a doazón ao Banco de Alimentos de Lugo dos víveres recollidos ao abeiro da campaña de solidaria aberta ao longo do mes de marzo e coa que se conseguiron recoller uns 250 quilogramos de víveres non perecedoiros.
Os promotores desta campaña altruísta manifestaron a súa satisfacción polo éxito de participación nesta iniciativa, ao tempo que manifestaron publicamente o seu agradecemento a todas as persoas que colaboraron coa doazón de alimentos. O obxectivo desta iniciativa, promovida desde a dirección da residencia universitaria Jesús Bal y Gay en colaboración cos bolseiros de Sociocultura e Internacionalización, pasa por contribuír dalgún xeito a que as persoas máis necesitadas poidan recibir alimentos e satisfacer así as súas necesidades básicas.