Skip to main content

O CiQUS convoca a segunda edición das súas bolsas de verán

O CiQUS convoca a segunda edición das súas bolsas de verán
O CiQUS convoca a segunda edición das súas bolsas de verán

CiQUS SUMMER FELLOWSHIPS ofrece por segundo ano consecutivo 10 bolsas a estudantes de grao con experiencia en Química ou estudos relacionados para realizar prácticas de iniciación á investigación da man de equipos científicos de excelencia. As persoas seleccionadas recibirán 700 euros mensuais e axuda para gastos de viaxe.

Na súa estadía de entre catro e seis semanas aprenderán a utilizar modernos equipos e instrumentación sofisticada á vez que participan nas actividades científicas do CiQUS, que inclúen seminarios internos e o programa de conferencias impartido por investigadores internacionais.

Os candidatos e candidatas deben estar matriculados nos últimos anos dos seus estudos de grao e ter superado 140 créditos, cunha nota media igual ou superior a 7,5 puntos sobre 10.

The contents of this page were updated on 02.17.2016.