Skip to main content

O CEDE organiza un obradoiro sobre busca de emprego no marco da UE

O CEDE organiza un obradoiro sobre busca de emprego no marco da UE
O CEDE organiza un obradoiro sobre busca de emprego no marco da UE

O Centro de Estudos e Documentación Europeos da USC (CEDE) organiza un obradoiro sobre ‘ Traballar na UE: orientación laboral para estudantes de grao’, dirixido a todos o alumnado da USC independentemente da titulación de procedencia. Esta é unha actividade organización en colaboración co EurES do Servizo Público de Emprego da provincia da Coruña e coa Facultade de Filoloxía da USC. A sesión, de carácter gratuíto e sen necesidade de formalizar inscrición previa, comezará ás 12.00 horas no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía.

Ademais de información sobre as fontes de procura de emprego fornecidas pola propia Unión Europea, ofreceranse consellos para a elaboración dun currículo atractivo e, en xeral, para acceder ao mercado laboral con maiores garantías de éxito. Ao remate da presentación abrirase unha quenda de intervencións para que o público asistente poida comentar as súas dúbidas e formular as preguntas que consideren oportunas.

The contents of this page were updated on 03.10.2016.