Skip to main content

A USC mellorará o seu plan de actuacións en situacións de emerxencia coa colaboración do Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento municipal

A USC e o concello subscribiron un convenio que regula a colaboración neste ámbito

A USC e o Concello de Santiago colaborarán na mellora das actuacións en situacións de emerxencia e no ámbito da prevención de riscos laborais nos espazos universitarios. Coa colaboración do Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento do concello compostelán (SEIS), este plan de actuación inclúe a realización de cursos básicos de loita contra o lume e manexo de extintores e bocas de incendio así como a participación en simulacros de evacuación das facultades e outras dependencias universitarias co obxecto de acadar ter capacidade para responder eficazmente en situacións de emerxencia.

O alcalde Martiño Noriega e o xerente da USC José Manuel Villanueva presentaron en rolda de prensa o programa de actuacións ante situacións de emerxencia, regulado por un convenio entre a USC e o Concello de Santiago, no que tamén se contempla a realización de visitas programadas aos distintos centros da USC. Así o Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento municipal coñecerá de primeira mans as instalacións, as súas medidas de seguridade, materiais que se manexan, o perigo que pode levar consigo a súa manipulación e, en xeral, ter unha axeitada información dos riscos que poder xerarse para poder dar unha resposta eficiente en caso de emerxencia.

De xeito complementario, a USC ofertará charlas formativas para o persoal universitario e o colectivo de bombeiros sobre materias de interese común dentro do contexto de prevención de incendios. A planificación e programación anual concretarase de mutuo acordo entre o SEIS e o Servizo de Prevención de Riscos da USC e serán os/as bombeiros/as de servizo os que desenvolvan as tarefas de colaboración.

The contents of this page were updated on 03.09.2016.