Skip to main content

Estudantes xaponeses de Wakayama coñecen a USC

Estudantes xaponeses de Wakayama coñecen a USC
Estudantes xaponeses de Wakayama coñecen a USC

A vicerreitora de Internacionalización da USC, Almudena Hospido, recibiu este venres no Colexio de San Xerome un grupo de estudantes xaponeses que esta semana visitan Galicia convidados polo Goberno da Prefectura de Wakayama e a Xunta de Galicia coa colaboración das Universidades de Santiago e Wakayama.

Desde hai cinco anos véñense celebrando intercambios bilaterais entre mozos e mozas desa rexión xaponesa e galegos. Nesta ocasión visitan Galicia 25 estudantes de entre 17 e 25 anos, 10 deles universitarios, para coñecer a cultura, costumes e realidade sociocultural do país ademais de practicar idiomas e fortalecer o vínculo entre os dous países.

Ademais desta recepción e doutras na Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e co conselleiro de Política Social, o grupo manterá un encontro con estudantes da USC. O programa contempla así mesmo, entre moitas outras actividades, unha visita a Inditex e un percorrido por un tramo do Camiño de Santiago.

The contents of this page were updated on 03.11.2016.