Universidades israelís coñecen na USC cómo fortalecer o seu rol público

Representantes de cinco universidades israelís e dunha inglesa participan estes días en Santiago nunha xuntanza de traballo enmarcada no proxecto europeo Esprit, que ten por obxecto analizar e fortalecer a responsabilidade pública das institucións de educación superior en Israel.
O proxecto parte de que tanto o estudantado como as institucións xogan un papel central na promoción da función social da educación superior, e arredor da relación entre elas dúas xiran todas actividades. Sprit componse de tres piares fundamentais como son a análise da implicación social de estudantes e institucións/universidades, o desenvolvemento dunha ferramenta de avaliación de implicación social para avaliar o compromiso e de modelos de currículo socialmente comprometido.
Precisamente desenvolver un modelo de currículo universitario máis socialmente comprometido a través do servizo-aprendizaxe é a idea central do seminario ao que o grupo asiste este xoves e o venres e no que participan especialistas da Universidade de Santiago que traballan neste eido da innovación educativa, que ademais de sesións teóricas explicarán algunhas experiencias que se levan a cabo na USC.
A comitiva, que foi recibida pola vicerreitora de Internacionalización, Almudena Hospido, está composta por persoal das Universidades Ben Gurion do Negev (Beer Sheva), Bezalel academy of Arts de Xerusalém, Hebrew University of Jerusalem, The Interdisciplinary Center de Herzliya, Tel Hai Academic College (Upper Galilee) e Universidade de Brighton (Reino Unido).