Skip to main content

Aberta a preinscrición para o mestrado en liña en seguridade, paz e conflitos internacionais

O Centro de Estudos en Seguridade e Defensa (CESEG) da USC e o Centro Superior de Estudos da Defensa Nacional (CESEDEN) manteñen aberto o prazo de preinscrición para o seu novo mestrado on-line en Seguridade, paz e conflitos internacionais que se impartirá entre outubro de 2016 e xullo de 2017.

O cadro docente deste posgrao propio compóñeno especialistas da Universidade de Santiago, do Instituto Gutiérrez Mellado da UNED, da Ludwig-Maximilians-Universität de Múnich, da Facultade Latinoamericana de Ciencias Sociais, da Universidade Europea de Madrid, da Universidade de Barcelona, do CESEDEN, do Instituto Español de Estudos Estratéxicos (IEEES) e analistas de medios de comunicación como a BBC.

O obxectivo do título, coordinado por Luis Velasco Martínez, é dotar dunha formación de posgrao a membros das Forzas Armadas e Corpos de Seguridade e ao persoal civil que traballa para os diferentes órganos desas forzas armadas, especialmente para aqueles encargados da formación militar.

The contents of this page were updated on 06.22.2016.