Skip to main content

Apróbase unha oportunidade extraordinaria de recuperación para o alumnado que este ano cursa materias de plans en extinción polo grao

A Normativa de Avaliación do Rendemento Académico dos Estudantes e de Revisión de Cualificacións da USC establece que, ao obxecto de facilitar a conclusión dos estudos polos planos en procesos de extinción, o alumnado pode cursar ata un máximo de 3 materias ou 18 créditos polo plano de estudios de grao.

Os estudos de grao teñen dúas oportunidades por curso académico, polo que no curso 2015-16 a USC decidira conceder unha oportunidade extraordinaria para quen se acollese a esa posibilidade e non superara a materia nas dúas oportunidades ordinarias.

Agora, dado que aínda existen plans en procesos de extinción e alumnado que cumpre as mesmas condicións que o do curso pasado, o Consello de Goberno aprobou este mércores conceder unha nova oportunidade, cun exame único ao alumnado ao que lle falten por superar materias dunha titulación anterior a Real Decreto 1393/2007 e sempre que as estean a cursar polo grao.

Para optar a esta convocatoria extraordinaria o alumnado deberá estar pendente dun máximo de 3 materias ou 18 créditos cursadas polo Grao e ter a cualificación de suspenso nas dúas oportunidades do curso 2015-16 ou de suspenso e non presentado nese mesmo período.

O exame será no mes de setembro, e quen non o supere deberá adaptarse obrigatoriamente ao grao.

The contents of this page were updated on 06.08.2016.