Skip to main content

Clausurouse en Marrocos o proxecto MonProG que coordinou a USC

Clausurouse en Marrocos o proxecto MonProG que coordinou a USC
Clausurouse en Marrocos o proxecto MonProG que coordinou a USC

Unha delegación da Universidade de Santiago, encabezada pola vicerreitora de Internacionalización, Almudena Hospido, acudiu este días á Universidade Chouaîb Doukkali en El Jadida (Marrocos) para clausurar o proxecto MonProG que comezou en decembro de 2014 baixo a coordinación da Universidade compostelá a través do seu Servizo de Relacións Exteriores.

No acto, no que a representación da USC presentou o proxecto e a súa propia estratexia de I+D+I, participaron tamén institucións marroquís como as Axencias Nacionais Erasmus en Marrocos e da Cooperación.

MonProg é un proxecto TEMPUS formado por un consorcio de 13 socios: cinco europeos, sete universidades de Marrocos e o Ministerio de Educación Superior e Investigación científica de Marrocos.

A súa finalidade, que cumpriu todas as expectativas, foi reforzar a capacidade das universidades marroquís para participar na investigación internacional, a formación e a innovación a través da creación e o fortalecemento das estruturas dedicadas á montaxe e á xestión de proxectos internacionais. Esta rede de estruturas xa creada contribuirá a mellorar o dinamismo, a creatividade e a excelencia na investigación, a formación e a innovación.

The contents of this page were updated on 11.28.2016.