A USC acolle a primeira reunión da Rede Temática para o Control e Caracterización de Luz Láser

Grupos de investigación das universidades de Santiago de Compostela, Salamanca, Zaragoza, Jaume I de Castellón e Murcia asisten hoxe luns en Santiago á primeira reunión da Rede Temática para o Control e Caracterización de Luz Láser. A responsable do nodo de Compostela é a profesora Maite Flores.
Esta primeira xuntanza desenvólvese na Facultade de Óptica e Optometría e inclúe ademais unha visita á plataforma de investigación L2A2 que contén un láser de ultrarrápido e ultraintenso cunha potencia de 45TW e duración de pulso de 25fs, o que a converte nunha das únicas dúas infraestruturas que existen en España con estas características técnicas.