O Premio Luísa Villalta premia a mellor idea para a promoción do uso do galego
O Premio Luis Villalta a Iniciativas Normalizadoras recaeu na súa modalidade de ‘Mellor idea para a promoción do uso do galego’ no proxecto ‘Que o verso baixe á rúa’, presentado por Patricia Carballal Miñán, Estefanía Mosquera, Mª Montserrat Muriano, Iria Sobrino e Roberto Suárez. Este é un premio convocado polos servizos de Normalización Lingüística das tres universidades galegas coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
O xurado valorou especialmente no seu ditame a rigorosidade técnica e normalizadora da proposta, a súa potencialidade para favorecer e visibilizar a reflexión sociolingüística, a capacidade de ampliar esta idea a outras disciplinas universitarias, a súa incidencia positiva na galeguización da paisaxe e o aproveitamento da intervención artística nos espazos públicos para os obxectivos de promoción o uso social da lingua propia de Galicia. O mesmo tribunal decidiu tamén por unanimidade deixar deserto o premio na modalidade ‘Deseño dunha campaña normalizadora’.