Skip to main content

Conferencia do primeiro tradutor ao italiano da obra de Valle-Inclán La media noche

Conferencia do primeiro tradutor ao italiano da obra de Valle-Inclán La media noche
Conferencia do primeiro tradutor ao italiano da obra de Valle-Inclán La media noche

O primeiro tradutor ao italiano da obra La Media Noche. Visión estelar de un momento de guerra (1917), o profesor da Universidade de Bérgamo Enrico Lodi, pronunciará este martes 15 unha conferencia na que explicará cómo foi esa labor de tradución dun texto resultado dunha viaxe do escritor a Francia como corresponsal de prensa e convidado polo goberno francés para visitar as trincheiras de primeira liña e a retagarda francesas.

A conferencia, ás 20.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, enmárcase no ciclo ‘ Valle-Inclán, xenio e figura’ que organiza a Cátedra Valle-Inclán da USC no 150 aniversario do nacemento do autor galego.

Despois da conferencia terá lugar unha visita guiada cos comisarios da exposición do mesmo nome que o ciclo, cuxas tres seccións está aloxadas na capela, o salón artesoado e o claustro alto do Colexio de Fonseca. O catálogo da mostra estará a venda alí mesmo entre as 19.00 e as 21.00 horas.

The contents of this page were updated on 11.14.2016.