Skip to main content

O catedrático Jesús Rubio diserta esta noite en Fonseca sobre as artes do libro con Vivanco e Valle-Inclán

O catedrático Jesús Rubio diserta esta noite en Fonseca sobre as artes do libro con Vivanco e Valle-Inclán
O catedrático Jesús Rubio diserta esta noite en Fonseca sobre as artes do libro con Vivanco e Valle-Inclán

O catedrático de Literatura Española da Universidade de Zaragoza Jesús Rubio Jiménez, especialista na obra de Ramón del Valle-Inclán, será o encargado esta tarde de pronunciar a cuarta conferencia do ciclo que conmemora o 150 aniversario do nacemento do autor galego.

Autor de varias monografías que abranguen desde o primer teatro ata o esperpento; da recuperación do epistolario entre Ramón del Valle-Inclán e Josefina Blanco e de diversas edicións críticas, Rubio Jiménez é tamén un dos mellores coñecedores da obra do escritor galego desde a perspectiva do seu deseño e ilustración, e ten numerosos traballos dedicados aos ilustradores-artistas que colaboraron con Valle-Inclán para conseguir o innovador deseño das sús obras.

A conferencia, titulada ‘Ángel Vivanco y Ramón del Valle-Inclán: las artes del libro’, terá lugar ás 20.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, con entrada libre.

Despois da conferencia terá lugar unha visita guiada cos comisarios da exposición ‘ Valle-Inclán, xenio e figura’ que tamén organiza a Cátedra Valle-Inclán da USC. O catálogo da mostra estará a venda alí mesmo entre as 19.00 e as 21.00 horas.

The contents of this page were updated on 11.22.2016.