Skip to main content

A Fundación USC Deportiva convoca o IV concurso de postais de Nadal

A Fundación USC Deportiva convoca o IV concurso de postais de Nadal
A Fundación USC Deportiva convoca o IV concurso de postais de Nadal

Por cuarto ano consecutivo, a Fundación USC Deportiva convoca o seu concurso de postais de Nadal dirixido a nenos e nenas nados entre 2004 e 2013, ambos incluídos, e cuxa temática debe relacionar o deporte con esta festividade.

O premio do concurso consistirá nun vale para cambiar por material deportivo e unha praza no Verán CampUSC 2017, o campamento urbano, deportivo e de lecer que se celebra dende hai oito veráns nas instalacións do Campus Vida da USC. O debuxo gañador tamén formará parte da felicitación de Nadal que enviará este ano a propia Fundación. Ademais, haberá un accésit para a segunda persoa clasificada consistente nun pequeno lote de libros.

O prazo para entregar os traballos rematará o 9 de decembro e o fallo do xurado farase público o día 15 do mesmo mes.

The contents of this page were updated on 11.23.2016.