Skip to main content

O grupo SEPA-Interea supervisará o programa CaixaProinfancia en Galicia

A mesa institucional, que reúne as distintas entidades implicadas, constituíuse este mércores no Centro Sociocultural de Fontiñas.
A mesa institucional, que reúne as distintas entidades implicadas, constituíuse este mércores no Centro Sociocultural de Fontiñas.
É un programa de apoio á infancia en situación de pobreza

O grupo de investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental da USC (SEPA-Interea) encargarase da supervisión e asesoramento científico do programa CaixaProinfancia en Galicia, un modelo de intervención coa infancia e familias no que participan distintas entidades de titularidade pública e privada. O programa ProInfancia prevé a actuación conforme a un modelo de intervención integral coa infancia en situación de risco/pobreza que se centra principalmente no traballo en rede entre os diversos axentes que traballan coas familias, ofrecéndolles apoio dende os diversos ámbitos de intervención (educación, sanidade, accións social da administración pública e Terceiro Sector).

O programa acaba de constituír a súa mesa institucional na que participan o coordinador de SEPA-Interea, o profesor José Antonio Caride Gómez, como director científico do programa e a profesora Rita Gradaille Pernas como integrante do equipo científico en Galicia. Ademais, neste programa tamén colaborarán Belén Caballo e Laura Varels, adscritas ao grupo SEPA-Interea. Esta é unha iniciativa que conta coa colaboración da Xunta de Galicia e o Concello de Santiago e que iniciará o seu desenvolvemento no barrio de Fontiñas.

The contents of this page were updated on 07.28.2016.