Skip to main content

O CLM amplía ata o 13 de febreiro a matrícula para os cursos de idiomas do segundo semestre

O CLM amplía ata o 13 de febreiro a matrícula para os cursos de idiomas do segundo semestre
O CLM amplía ata o 13 de febreiro a matrícula para os cursos de idiomas do segundo semestre

O Centro de Linguas Modernas (CLM) amplía ata o 13 de febreiro o prazo de matrícula nos cursos de idiomas do segundo semestre, que se desenvolverán ata o mes de maio. Os cursos diríxense a calquera persoa maior de 16 anos, universitaria ou non, que desexe continuar estudos ou comezar a aprendizaxe dunha nova lingua.

Tanto en Santiago como en Lugo ofértanse cursos de alemán, francés, inglés, español como lingua estranxeira e galego para non galego falantes. No campus compostelán habería que engadir ademais italiano, portugués, catalán, checo, chinés e xaponés. Todos constan de 40 horas de aprendizaxe en aulas e 10 engadidas de traballo autónomo.

O CLM tamén organiza en Santiago cursos de Redacción de TFG en alemán, Preparación para exames IRL de catalán, Preparación para exame DELE C1 de español e Compétences communicatives B2 en francés.

Test de nivel As persoas que desexan matricularse nalgún destes cursos pero carecen do nivel asignado, ben polo propio CLM ou pola EOI nos últimos dous anos, deben realizar un test de nivel. Para realizalo é preciso establecer contacto co CLM a través do correo electrónico clm [at] usc.es (clm[at]usc[dot]es).

Probas de competencia Ademais da súa oferta de idiomas estable ao longo de todo o curso, o CLM é o centro examinador para a comunidade universitaria da USC de alemán, inglés, francés, italiano e portugués en Santiago e de alemán, inglés, francés en Lugo para as probas B1 e B2.

O alumnado pode validar 25 horas por un crédito ECTS sempre que teñan o B1 acadado noutra lingua. Canto maior sexa o grao de coñecemento, máis créditos poderán acadarse segundo a normativa existente. Ademais, todas as persoas que aproben un curso ou exame de nivel B1 e superiores terán o nivel mínimo acreditado para recoller o título de grao.

The contents of this page were updated on 02.07.2019.