Skip to main content

O xornalista e divulgador científico Antonio Martínez Ron presentou El ojo desnudo

O xornalista e divulgador científico Antonio Martínez Ron presentou El ojo desnudo
O xornalista e divulgador científico Antonio Martínez Ron presentou El ojo desnudo

No soto do Museo de Ciencia e Industria de Manchester hai unha caixa de cristal cunhas pequenas labras que resultan ser restos dos globos oculares de John Dalton, o pai da teoría atómica e o primeiro científico en describir a cegueira á cor.

A partir desa anécdota, e coa vida de Dalton como fío condutor, o xornalista e divulgador científico Antonio Martínez Ron (Madrid, 1976) reconstrúe no seu libro El ojo desnudo unha historia do noso coñecemento da visión e da luz a vez que explica por qué vemos como vemos e cómo alcanzamos a comprender fenómenos que van moito máis aló do que os nosos sentidos detectan. Nas súas páxinas, o autor tenta dar resposta a cuestións como que é a cor, a luz ou como aprendemos a mirar o universo. Unha viaxe desde o ollo dos primeiros homes que observaron o ceo a simple vista ata o de aqueles que deron volta aos instrumentos para mirar dentro de nós mesmos.

El ojo desnudo presentouse este mércores no Museo de Historia Natural da USC nun acto no que ademais do autor interviñeron Manuel Vicente, de ‘Efervescencia’, e Juan Ignacio Pérez Iglesias, coordinador da cátedra de Cultura Científica da UPV/EHU e autor do prólogo do libro. Na organización deste evento literario participan Divulgacción e Regueifas de Ciencia'16, que celebra a súa cuarta sesión este xoves 11 con Martínez Ron e Pérez Iglesias como relatores.

O autor
Antonio Martínez Ron traballa como redactor xefe de Next, a sección de Ciencia de Vozpopuli.com, e é colaborador do programa Órbita Laika (TVE) e de medios como a revista Quo, Yahoo! e Onda Cero. Dirixiu o documental ‘El mal del cerebro’, premio Boehringer 2013 ao mellor traballo de xornalismo de Medicina, e desde 2003 recolle os seus "asombros diarios" en Fogonazos.es.

The contents of this page were updated on 11.08.2016.