Skip to main content

A Revista de Física faise eco dun traballo sobre robustez de redes biolóxicas e tecnoloxías de investigadores da USC

A Revista Española de Física da Real Sociedad Española de Física faise eco no seu último número do traballo sobre robustez de redes biolóxicas e tecnolóxicas realizado polos profesores Fernando Alcalde Cuesta, do Departamento de Matemáticas, e Pablo González Sequeiros, do de Didácticas Aplicadas da USC, en colaboración co profesor Álvaro Lozano Rojo do Centro Universitario da Defensa de Zaragoza.

O traballo, publicado a comezos de ano na revista Scientific Reports estúdase a robustez fronte á invasión da rede de alta tensión do oeste de Estados Unidos, a rede telemática Internet2 e da rede neuronal do verme Caenorhabditis elegans, comparadas con modelos deterministas e aleatorios baseados en principios de agregación preferencial ou espacial e amplas mostras de redes aleatorias coa mesma distribución de vértices.

The contents of this page were updated on 07.06.2016.