Skip to main content

Os cursos de lingua a cultura españolas para estranxeiros recibe alumnado de América, Asia e Europa

En primeiro termo Jacques de Bruyne quen ofreceu a conferencia inaugural. Foto: Servimav-USC
En primeiro termo Jacques de Bruyne quen ofreceu a conferencia inaugural. Foto: Servimav-USC

Reino Unido, Estados Unidos, Canadá, Arabia Saudí, Corea, Hong Kong, Bangladés, Taiwán, Alemaña, Xapón, China e Brasil son os países de procedencia das persoas que dende esta semana e ata setembro asisten aos cursos de lingua e cultura españolas para estudantes estranxeiros de Cursos Internacionais da USC.

A xornada inaugural dos cursos celebrouse este martes no Salón Nobre do Pazo de Fonseca presidida pola vicerreitora de Internacionalización, Almudena Hospido, xunto a quen tamén interviñeron a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento económico e Turismo, Marta Lois González; a directora da Axencia Turismo de Galicia, María Nava Castro Domínguez; a directora de Cultura do Instituto Cervantes, Beatriz Hernaz Angulo; e a xerenta de Cursos Internacionais da USC, Pilar Taboada de Zúñiga Romero. A conferencia inaugural que conmemora o catrocentos aniversario do Quixote impartiuna o profesor Jacques de Bruyne e leva por título ‘Algúns apuntes sobre o mellor libro de todos os tempos’.

Os cursos, de 20 horas semanais de clases de lingua e cultura, fan especial énfase na temática xacobea non só nos seminarios senón tamén nas actividades culturais e excursións. As clases da mañá compleméntanse así con visitas guiadas á cidade, ao patrimonio da USC, museos, obradoiros de gastronomía, baile, música e excursións á Ribeira Sacra, Parque Nacional das Ilas Atlánticas, Ría de Arousa, Lugo, O Camiño de Santiago, A Coruña, as Rías Altas, Pontevedra e as Rías Baixas.

A xornada inaugural celebrouse no Salón Nobre do Colexio de Fonseca. Foto: Servimav-USC

The contents of this page were updated on 07.06.2016.