Skip to main content

O Consello de Goberno aproba a creación de catro prazas de promoción interna ao corpo de catedráticos

O Consello de Goberno aproba a creación de catro prazas de promoción interna ao corpo de catedráticos
O Consello de Goberno aproba a creación de catro prazas de promoción interna ao corpo de catedráticos

O Consello de Goberno da USC aprobou unha Oferta Pública de Emprego (OPE) de promoción interna ao corpo de catedráticos de Universidade que contempla para este ano 2016 un total de 4 prazas. A fórmula dunha OPE de promoción interna vén motivada pola modificación do artigo 62 da lei Orgánica de Universidades de 2007 a través do Real Decreto-lei 10/2015 que abre a posibilidade de que esta promoción non consuma taxa de reposición.

Como se recolle no documento aprobado polo Consello de Goberno, o proceso de promoción comporta “un importante esforzo económico xa que as novas prazas teñen que ser dotadas necesariamente pola totalidade do importe anual”. Este escenario “condiciona enormemente a política de promoción do Persoal Docente e Investigador nas universidades públicas, que deben dispor dos recursos suficientes para a dotación das prazas novas, aínda que posteriormente as ocupe profesorado con dereito a promoción, tendo que conta que a praza pode ocupala definitivamente profesorado doutra universidade ou institución autorizada”.

A proposta de catro prazas para a promoción ao corpo de catedráticos/as de Universidade para 2016 supón unha dotación inicial de 163.856 euros, a razón de 40.964 euros por praza. Na mesma xuntanza tamén se aprobou a modificación da normativa de promoción de profesorado funcionario acreditados a cátedra da USC e do regulamento dos estudos do Programa Universitario de Maiores (IV Ciclo) .

A orde do día do Consello de Goberno tamén inclúe a aprobación de novos títulos de grao e máster para o curso 2017-2018, así como un novo programa de doutoramento, a modificación de títulos ou unha proposta de prezos dos servizos de xestión académica para o vindeiro curso. A creación do Centro de Estudos sobre o Sáhara Occidental é outro punto que tamén trata este Consello de Goberno.

The contents of this page were updated on 07.05.2016.