Skip to main content

A USC adheriuse á Carta Europea do Investigador e ao Código de Conduta para a Contratación de Investigadores

A USC adheriuse á Carta Europea do Investigador e ao Código de Conduta para a Contratación de Investigadores
A USC adheriuse á Carta Europea do Investigador e ao Código de Conduta para a Contratación de Investigadores
Na actualidade traballa na obtención do selo de calidade HR, de excelencia en recursos humanos de investigación, que unicamente ostentan catro universidades españolas

A USC acaba de adherirse á iniciativa HRS4R (Human Resources for Research), unha proposta da Comisión Europea para impulsar nas institucións de investigación a aplicación da Carta Europea do Investigador e do Código de Conduta para a Contratación de Investigadores. Estes documentos fixan criterios e recomendacións de carácter voluntario para a xestión dos recursos humanos no eido científico fixando os papeis, responsabilidades e dereitos dos investigadores e provedores de fondos.

Logo desta adhesión, a Universidade de Santiago está a traballar agora na obtención do selo de calidade HR Excellence in Research (Excelencia en Recursos Humanos de Investigación) co que a Comisión Europea identifica as institucións que contan con plans de actuación específicos neste eido. O obxectivo destes plans son desenvolver estratexias dirixidas á xeración dunha contorna estimulante e favorable na actividade cotiá dos investigadores, con especial atención a cuestións como os procesos de contratación, os dereitos laborais ou as posibilidade de conciliación da vida profesional e persoal, entre outros.

Nas institucións dotadas do selo HR, o persoal investigador traballará nunha organización que recoñeza e fortaleza os seus dereitos como profesional, que valore a súa experiencia noutras institucións nacionais e internacionais e que facilita a conciliación da súa vida persoal e laboral, entre outras consideracións. En España unha vintena de Universidades e un cento de institucións de investigacións xa teñen formalizado esta adhesión á iniciativa HRS4R, aínda que unicamente catro universidades e 44 organizacións investigadoras teñen acadado o logo HR. Para logralo, a USC está a realizar unha análise interna na que a implicación de toda a comunidade investigadora resulta fundamental.

The contents of this page were updated on 09.19.2016.