Skip to main content

A produción ecolóxica, a análise en Lugo no marco do XII Congreso da Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica

Cartaz do congreso
Cartaz do congreso

A produción e a agricultura ecolóxica centran a temática da duodécima edición do congreso da Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica (SEAE), un foro de carácter internacional e orientado a favorecer o intercambio de resultados e avances da investigación en produción ecolóxica e desenvolvemento rural que se desenvolverá ata o sábado 23 de setembro no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo baixo o título ‘ Leguminosas: Clave na xestión dos agrosistemas e a alimentación ecolóxica’.

A presidenta da SEAE, María Dolores Raigón, presidirá este mércores, ás 12.00 horas, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, a inauguración do congreso, no marco dun acto no que tamén intervirán o vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno; a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; o presidente da Deputación Provincial de Lugo, Darío Campos, a directora Xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias de la Consellería de Medio Rural, Belén do Campo, e o presidente do Craega, José Antonio Fernández. Estruturado en tres xornadas de duración, este nova edición do congreso da Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica pretende ser un foro de análise e debate da realidade e dos avances acadados no eido da produción ecolóxica e das súas posibilidades futuras, ademais de impulso de prácticas que contribúen á vertebración do territorio ao tempo que favorecen a obtención de recursos, segundo indicou o vicepresidente da SEAE e profesor da USC, Xan Neira Seijo. O programa do congreso ‘Leguminosas: Clave na xestión dos agrosistemas e a alimentación ecolóxica’ inclúe a celebración de sete relatorios ou conferencias plenarias, ademais de presentación de 130 comunicacións e pósters. A organización de preto de 30 obradoiros e actividades sobre temática diversa e as achegas feitas por outras 30 persoas convidadas como relatores para expoñer o seu testemuño ou opinión neste congreso, completan o programa.

The contents of this page were updated on 09.20.2016.