Skip to main content

‘Quedamos na casa!’, cultura universitaria nun único espazo

‘Quedamos na casa!’, cultura universitaria nun único espazo
‘Quedamos na casa!’, cultura universitaria nun único espazo

Dar visibilidade a todos os departamentos culturais da Universidade de Santiago e amosar e pór en valor o seu patrimonio menos coñecido. Con este cometido, a Casa de Europa se converterá este xoves 22 nun escaparate vivo de toda a oferta artística da institución universitaria. Teatro, danza, música, exposicións, performances ou astronomía, nunha xornada gratuíta que encherá de cultura os espazos do singular edificio da Universidade no Parque de Vista Alegre.

‘Quedamos na Casa!’, unha iniciativa de Matilde Rodríguez e María del Canto Motrel, comezará ás 17.00 horas cunha visita guiada polo parque (única actividade para a que é preciso reservar en visitas.museohistorianatural [at] usc.es (visitas[dot]museohistorianatural[at]usc[dot]es)) e continuará ata as 22.00 con numerosas actividades simultáneas.

Dende obradoiros de fotografía ou danza latina ata observacións astronómicas, pasando por microteatro, performances de danza, concertos do Grupo de Cámara e do Coro da USC e mesmo unha exposición da Fonoteca. Ademais, durante toda a xornada haberá un catering servido polo restaurante Garum.

The contents of this page were updated on 09.21.2016.