Skip to main content

Búscanse voluntarios para colaborar con Cortocircuíto

Búscanse voluntarios para colaborar con Cortocircuíto
Búscanse voluntarios para colaborar con Cortocircuíto

A Universidade de Santiago ten aberto ata o vindeiro mércores 28 un novo prazo do seu voluntariado cultural dirixido ao estudantado, nesta ocasión para colaborar co Festival Internacional de Curtametraxes ‘Cortocircuíto’ que se desenvolverá do 3 ao 9 de outubro en Santiago.

Búscase xente responsable e con gañas de axudar á organización nos labores básicos de produción dun festival: transporte de convidados, asistencia ao equipo nas salas de proxección, supervisión das actividades paralelas, axudantía na oficina do festival... Ademais, poderase asistir ás proxeccións, gozar dos encontros e participar nos obradoiros e charlas.

O horario será flexible en función da dispoñibilidade en quendas de mañá ou tarde. As persoas interesadas deberán inscribirse como voluntarias no Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC.

The contents of this page were updated on 09.21.2016.