Docentes de Ciencias da Educación co organizan o I Congreso Internacional de Educación Social e Escola
Docentes da Facultade de Ciencias da Educación da USC co organizan o I Congreso Internacional e III Xornadas de Educación Social e Escola que levan por lema ‘ Unha análise da última década’. Este encontro celébrase este venres 30 e o sábado 1 de outubro na Facultade de Historia e Ciencias da Educación e no Liceo de Ouense co organizado polas tres universidades galegas, Nova Escola Galega e o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia.
O seu primeiro obxectivo é continuar a análise sobre a figura do educadora/a social no ensino e a súa valoración dende o eido profesional e escolar, así como coñecer a realidade noutros territorios do Estado, especialmente naqueles que teñen maior experiencia e en Portugal. O conxunto de relatorios e comunicacións tratarán de presentar a figura profesional do educador/a ás administracións públicas para que analicen o xeito de implantala no sistema educativo galego e permitirán coñecer que se está facendo no ámbito local coa presentación de experiencias en desenvolvemento.
O programa completarase con obradoiros que faciliten as aprendizaxes e o manexo dun xeito práctico no contexto de intervencións e accións de calidade no ámbito escolar regrado.