Skip to main content

61 instantáneas retratan un ano de Voz en Compostela

A exposición permanecerá en Fonseca ata o 21 de xaneiro (Foto: La Voz de Galicia)
A exposición permanecerá en Fonseca ata o 21 de xaneiro (Foto: La Voz de Galicia)
Inaugurouse en Fonseca a mostra do traballo en Santiago dos catro fotógrafos de La Voz de Galicia

Un ano máis, e xa van dezanove, os fotógrafos de La Voz de Galicia Xoán Soler, Álvaro Ballesteros, Sandra Alonso e Merce Ares expoñen nunha mostra na USC as súas mellores instantáneas que resumen o acontecido en Santiago e a súa contorna en 2016.

As eleccións ao Parlamento galego e as dúas estatais, as protestas e folgas estudantís, as festas, o turismo con especial atención ao Camiño, a cultura e os fitos deportivos conforman o groso desta exposición, que ten tamén oco para imaxes cotiás que definen o ir e vir das xentes de Compostela e a comarca.

Son en total 61 fotografías que se poderán contemplar nas dúas salas expositivas do Colexio de Fonseca ata o 21 de xaneiro de luns a sábado de 11.00 a 14:00 e de 17.30 a a 20.30 horas.

‘Compostela. Un ano de Voz’ inaugurouse este mércores nun acto multitudinario ao que, ademais dos seus autores, asistiron o reitor Juan Viaño; o conselleiro de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; o alcalde de Santiago, Martiño Noriega; e o director de La Voz de Galicia, Xosé Luis Vilela.

The contents of this page were updated on 12.22.2016.