Skip to main content

Inaugúrase unha nova edición da exposición ‘Compostela. Un ano de Voz’

Un ano máis, e xa van dezanove, os fotógrafos de La Voz de Galicia Xoán Soler, Álvaro Ballesteros, Sandra Alonso e Merce Ares expoñen nunha mostra na USC as súas mellores instantáneas que resumen o acontecido en Santiago e a súa contorna en 2016.

‘Compostela. Un ano de Voz’ inaugurarase este mércores 21 ás 20.00 horas nos espazos expositivos do Colexio de Fonseca nun acto ao que asisten o reitor Juan Viaño; o conselleiro de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; o a´lcalde de Santiago, Martiño Noriega; e o director de La Voz de Galicia, Xosé Luis Vilela.

As eleccións ao Parlamento galego e as dúas estatais, as protestas e folgas estudantís, as festas, o turismo, a cultura e o deporte conforman o groso desta exposición de 61 fotografías que se poderán contemplar ata o 21 de xaneiro de luns a sábado de 11.00 a 14:00 e de 17.30 a a 20.30 horas.

The contents of this page were updated on 12.20.2016.