Skip to main content

Recoñecemento de calidade para a alumna da USC Alejandra Fernández pola súa mobilidade Erasmus

Recoñecemento de calidade para a alumna da USC Alejandra Fernández pola súa mobilidade Erasmus
Recoñecemento de calidade para a alumna da USC Alejandra Fernández pola súa mobilidade Erasmus

A estudante de Grao en Lingua e Literatura Inglesas da USC Alejandra Fernández González recibiu este luns en Madrid o Recoñecemento de estudantes Erasmus+ 2016 na categoría de Educación Superior que entrega o Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE).

Alejandra realizou durante o curso 2015-2016 unha mobilidade de estudos na Albert Ludwigs Universität (Alemaña), un dos centros máis importantes en investigación lingüística inglesa de Europa, e logo outra de prácticas nunha empresa internacional de cursos de idiomas en Dublín. Da súa experiencia tanto en Alemaña como en Irlanda Alejandra Fernández destaca a “impresionante” bagaxe tanto académica como profesional que lle supuxeron esas dúas estadías.

Nesta edición presentaron candidaturas un total de 78 institucións, entre elas a USC, das que a Unidade de Educación Superior da SEPIE elixiu a de Alejandra e a de Irene Gómez Arnáiz, da Escola de Arte e Superior de Deseño de Zamora. O xurado tivo en conta que as persoas gañadoras destacasen durante a súa experiencia de mobilidade. Así, ao informe remitido por cada institución engadíaselle un pequeno texto no que os e as candidatas narraban a súa experiencia tanto educativo–formativa como vivencial.

SEPIE
O Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE) é o organismo autónomo, dependente do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, que actúa como Axencia Nacional para a xestión, difusión, promoción e estudos de impacto do novo programa Erasmus+ no ámbito da educación e a formación.

The contents of this page were updated on 12.20.2016.