A Biblioteca Intercentros lembra a Manuel María coa apertura dun centro de interese sobre a obra do autor chairego

A Biblioteca Intercentros do Campus Terra da USC súmase á celebración do Día das Letras Galegas coa apertura dun centro de interese no que se exhiben diversas obras de Manuel María e tamén outros traballos sobre este autor ou nos que participa.
A escolma literaria sobre Manuel María, unha mostra que agroma preto duns 20 volumes, entre os que se atopan distintos poemarios referidos a Lugo, á Terra Chá e mesmo a Compostela, ademais de títulos de carácter biográfico, alusivos á emigración e outros ben coñecidos como o é o caso de ‘ Barriga Verde’.