Skip to main content

A Estación Científica do Courel acolle o 21 un curso sobre o uso tradicional de plantas medicinais da Serra do Courel

Cartaz do curso
Cartaz do curso
As persoas interesadas en participar nesta actividade, impartida por María Moure Oteyza, poderán formalizar a súa matrícula ata o mércores 18 de maio

A Estación Científica do Courel da USC acollerá o vindeiro sábado 21 de maio a segunda edición do curso ‘Uso tradicional das plantas medicinais da Serra do Courel’, un programa formativo e de divulgación que será impartido pola licenciada en Farmacia María Moure Oteyza.

As persoas interesadas en participar nesta actividade, que se desenvolverá en quenda de mañá e tarde e inclúe unha saída ao campo, poderán formalizar a súa inscrición ata o mércores 18 de maio.

A inscrición pode realizarse en quenda de mañá nas instalacións da Estación Científica do Courel ou a través dos números de teléfono 648051928, 600942418 ou 982821901. Tamén é posible formalizar a matrícula a través dos enderezos de correo electrónico ro_rodriguezlopez [at] hotmail.com (ro_rodriguezlopez[at]hotmail[dot]com) ou antonio.rigueiro [at] usc.es (antonio[dot]rigueiro[at]usc[dot]es).

The contents of this page were updated on 05.16.2016.