Skip to main content

Aberta a presentación de proxectos ao II Premio IdeaLugo á Innovación e o Emprendemento, dotado con 5.000 euros

Cartaz do II Premio IdeaLugo á Innovación e Emprendemento
Cartaz do II Premio IdeaLugo á Innovación e Emprendemento
A convocatoria, dirixida a estudantes e titulados do campus de Lugo con propostas empresariais innovadores, pecha o prazo de inscrición o 3 de novembro de2016

A segunda edición do Premio IdeaLugo á Innovación e o Emprendemento, un certame promovido polo Grupo El Progreso en colaboración coa USC e Abanca, a través do que se busca identificar, recoñecer e impulsar proxectos innovadores e emprendedores xurdidos arredor do campus de Lugo da USC, vén de abrir o prazo de presentación de candidaturas, un período que rematará o 3 de novembro de 2016

As persoas interesadas en tomar parte nesta convocatoria, dotada con 5.000 euros en metálico para as tres propostas máis valoradas polo xurado, poden formalizar a súa inscrición en liña na web, onde tamén poden consultar as bases, así como a información solicitada aos participantes e os prazos establecidos para a presentación de proxectos. O apoio a emprendedores con proxectos propios, innovadores e sostibles que contribúan ao desenvolvemento social e económico da provincia de Lugo é unha das pretensións que busca o Premio IdeaLugo. Esta nova convocatoria busca asemade por de manifesto o cometido que cumpre a formación na creación de novas empresas e start-ups, ademais de impulsar e axudar a dinamizar o campus de Lugo da USC e as titulacións universitarias que oferta. O II Premio IdeaLugo á Innovación e Emprendemento, cuxas bases xa están accesibles en liña, está aberto á participación de estudantes e titulados/as da USC egresados/as do campus de Lugo nos últimos anos que teñan un proxecto de emprendemento en fase embrionaria ou de aceleración. As persoas participantes poderán presentar o número de proxectos que desexen, tanto de forma individual como en grupo.

The contents of this page were updated on 05.24.2016.