Skip to main content

Células nai e saúde, un curso de verán a desenvolver en xuño

Células nai e saúde, un curso de verán a desenvolver en xuño
Células nai e saúde, un curso de verán a desenvolver en xuño
UNIVERSIDADE DE VERÁN USC 2016

Do 14 ao 17 de xuño terá lugar en Santiago o curso de verán ‘ Células nai na saúde e na enfermidade’, que dirixen o investigador da USC Anxo Vidal Figueroa e Manuel Collado Rodríguez, do Idis. O encontro desenvolveranse entre o Aulario Novoa Santos e o Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CIMUS). O prazo para matricularse remata o 3 de xuño.

No curso analizarase en profundidade o estado da investigación en células nai e a súa vinculación co cancro, o Parkinson, as enfermidades cardiovasculares, a ortopedia ou o envellecemento. Ademais, haberá relatorios con temáticas moi concretas nas que se explicará, por exemplo, o estado actual da investigación con embrións sobrantes de ciclos de reprodución asistida ou a regulación das células nai tumorais durante a progresión do carcinoma de pel.

Nos catro días do encontro participarán especialistas das Universidades de Santiago de Compostela e Autónoma de Madrid, do Idis, dos Institutos de Investigación Biomédica da Coruña e de Bellvitge, do Instituto Pasteur, do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas, de Eppendorf Ibérica, BD, Centauri Biotech ou Life Sciences.

The contents of this page were updated on 05.26.2016.