Skip to main content

O profesor David Suárez doa á biblioteca de Medicina 15 exemplares do seu libro sobre a técnica SWLF de ortodoncia

De esquerda a dereita, David Suárez, Juan Gestal e Xosé Regos, no momento da entrega. Foto: Servimav-USC
De esquerda a dereita, David Suárez, Juan Gestal e Xosé Regos, no momento da entrega. Foto: Servimav-USC

A Biblioteca de Medicina e Odontoloxía acaba de ampliar os seus fondos coa incorporación de quince exemplares do libro Ortodoncia: eficiencia clínica y evidencia científica. Técnica SWLF, do profesor David Suárez Quintanilla. É un manual de 525 páxinas e 2.000 fotografías e esquemas centrado na técnica de ortodoncia SWLF creada polo propio autor e que inclúe novos protocolos clínicos relacionados coa ortodoncia dixital e virtual.

Na actualidade, o libro será distribuído a 40 países con edicións noutros idiomas. Como explicou o seu autor durante a entrega dos exemplares ao decano da Facultade, Juan Gestal, e ao director da Biblioteca, Xosé A. Regos Varela, o libro axudará a potenciar e abrir ao exterior o Servizo de Investigación en Ortodoncia e Crecemento Dentofacial da USC. Como explica o profesor Suárez Quintanilla, moitos profesionais demandan investigación e formación clínica sobre este técnica desenvolvida entre a USC e enxeñeiros da Rocky Mountain Orthodontics de Denver.

The contents of this page were updated on 05.27.2016.