Skip to main content

O programa Santander YUZZ amplía ata o 14 de decembro o prazo de inscrición

O programa Santander YUZZ amplía ata o 14 de decembro o prazo de inscrición
O programa Santander YUZZ amplía ata o 14 de decembro o prazo de inscrición

O prazo de inscrición do programa ‘ Santander Yuzz –Mocidade con ideas’ ampliará o prazo de inscrición ata o 14 de decembro. Nesta nova edición, o programa desenvolverase tanto no Campus de Santiago como no de Lugo, neste último por vez primeira. Este é un programa que ofrece formación gratuíta para adquirir habilidades profesionais e os coñecementos necesarios para o desenvolvemento dunha idea empresarial innovadora e de base tecnolóxica da man de expertos de primeiro nivel. Ademais da formación en innovación, liderado, finanzas, mercadotecnia ou modelos de negocio, entre outras cuestións, un equipo de titores encargarase de asesora aos/ás participantes durante todo o programa.

Finalizado o proceso de formación, os mellores emprendedores/as de cada un dos centros Yuzz viaxarán a Silicon Valley, considera a meca mundial da innovación. Ademais, os tres mellores equipos de toda España recibirán unha achega económica de apoio á posta en marcha do negocio de 30.000 euros para o primeiro premio, 20.000 euros para o 2º e 10.000 euros para o 3º. Estes tres complementaranse co premio Yuzz Muller, dotado con 20.000 euros.

Este é un programa que, promovido por Banco Santander a través de Santander Universidades e coordinado polo Centro Internacional Santander Emprendemento (CISE), conta coa colaboración a nivel local da USC e da Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia. O programa desenvólvese en máis de 45 cidades con centros de formación propios en cada localidade.

Todas as persoas interesadas en desenvolver a súa idea de negocio e optar ás viaxes e á dotación en metálico dos premios deberán presentar a súa candidatura a través dun formulario dispoñible en http://yuzz.org.es/formulario-inscripcion.

The contents of this page were updated on 12.02.2016.