Skip to main content

Sesión ordinaria do Consello de Goberno

O Consello de Goberno da USC reúnese este martes 3 a partir das 16.00 no Colexio de San Xerome para tratar diversos asuntos, entre eles a apertura dun novo procedemento de poxa no Hospital de Galeras.

Na xornada darase conta ademais da RPT do PDI a xaneiro de 2016 e da amortización das prazas vacantes sen dotación orzamentaria, e someterase a aprobación a Oferta de Emprego Público do PDI e a modificación da RPT para este ano derivada da OPE mencionada.

O complemento de méritos docentes da convocatoria de 2015, licenzas por permiso de ano sabático ou a ampliación de prazas e sectores na convocatoria da Escola Infantil Breogán da USC serán outras cuestións a tratar.

The contents of this page were updated on 05.02.2016.