Skip to main content

O Consello de Goberno aproba a creación de 43 prazas de profesorado este ano

O Consello de Goberno da USC aprobou este mércores a convocatoria de 43 prazas de Persoal Docente Investigador para este ano 2016, segundo o acordado na Mesa de Negociación Sindical do PDI nunha proposta orientada á estabilización de distintos colectivos.

Delas, 13 destínanse á estabilización de prazas de investigadores do Programa Isidro Parga Pondal, 9 á de prazas de axudantes doutores, 6 para estabilizar prazas de asociados LRU, 3 do convenio colectivo do profesorado axudante doutor e unha praza máis de estabilización do convenio colectivo. Todos estes concorrerán á figura de profesorado contratado doutor. Ademais, crearanse 6 para a contratación como persoal laboral fixo de prazas de investigadores Ramón y Cajal e outras 5 para a promoción de profesorado contratado doutor a titular de universidade.

Así, para as vindeiras Ofertas Públicas de Emprego os procesos de estabilización comprometidos xa estarían rematados, o que permitiría unha negociación máis aberta e orientada á asignación de recursos estruturais ás áreas máis deficitarias da USC e a continuar coa promoción ao corpo de profesorado titular de universidade e iniciar a primeira fase de promoción para o corpo docente de catedrático de universidade.

Antigo Hospital Xeral
Na mesma xuntanza acordouse convocar unha nova poxa do edificio do Antigo Hospital Xeral de Santiago por valor de 7,19 millóns de euros, o que supón unha redución do 5,32 por cento respecto á convocatoria do pasado ano.

The contents of this page were updated on 05.04.2016.