Skip to main content

A APLTA da USC forma alumnos do Centro de Promoción Rural EFA de Fonteboa na transformación de produtos lácteos

Participantes no curso de transformación de produtos lácteos, nunha sesión de cata na APLTA
Participantes no curso de transformación de produtos lácteos, nunha sesión de cata na APLTA
Máis de 20 persoas participaron durante unha semana nas instalacións da APLTA da USC nun curso práctico de elaboración de queixos e iogures

Un curso de transformación de produtos lácteos impartido polos profesionais da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias da USC congregou durante unha semana nas instalacións deste centro universitario alumnos e ex alumnos do Centro de Promoción Rural EFA de Fonteboa de Coristanco, ademais produtores e queixo das denominacións de orixe Arzúa-Ulloa, Cebreiro e San Simón.

Afondar no coñecemento dos procesos de elaboración dos produtos lácteos transformados, tales como o son os queixos ou as sobremesas (iogures, natillas, mantequilla...), ademais de valorizar o leite líquido a través da súa transformación nun produto diferenciado, centraron os obxectivos deste seminario práctico, que se prolongou durante unha semana e no que participaron un total de 24 persoas. A elaboración de queixos tipo Arzúa-Ulloa e de iogures e sobremesas lácteas centraron a maior parte das actividades prácticas desenvolvidas no marco deste programa formativo, cuxos participantes tamén tiveron a oportunidade de visitar ganderías e empresas de transformación de leite.

The contents of this page were updated on 05.02.2016.