Skip to main content

O alumnado da USC elixe este mércores os seus representantes no Claustro

O alumnado da USC elixe este mércores os seus representantes no Claustro
O alumnado da USC elixe este mércores os seus representantes no Claustro

O alumnado da Universidade de Santiago está chamado a votar este mércores 4 de maio, de 9.00 a 19.00 horas, para renovar os seus representantes no Claustro universitario. O procedemento será por voto electrónico.

Nesta ocasión elixiranse 84 representantes de entre o alumnado matriculado en titulacións oficiais e diplomados superiores (licenciaturas, enxeñarías, diplomaturas, grao, máster, doutoramento e Criminoloxía).

Os resultados provisionais coñeceranse o 6 de maio e, logo dun prazo de reclamacións, os definitivos proclamaranse o día 20 do mesmo mes.

The contents of this page were updated on 05.03.2016.