Skip to main content

A Escola Infantil Breogán amplía prazos e sectores para solicitar prazas

A Escola Infantil Breogán amplía prazos e sectores para solicitar prazas
A Escola Infantil Breogán amplía prazos e sectores para solicitar prazas
O día 9 abrirase o prazo para novas solicitudes

Por acordo do Consello de Goberno do 3 de maio, a Escola Infantil Breogán da USC amplía os prazos para solicitar prazas e os sectores aos que se lles ofertan.

Así, do 9 ata o 19 de maio estará aberto o prazo para novas solicitudes, que agora se amplía aos fillos e fillas do persoal do Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial da área de influencia da USC e aos netos e netas do Persoal Docente e Investigador e Persoal de Administración e Servizos.

A convocatoria, o formulario –que deberá cumprimentarse por vía telemática– e as condicións para os novos sectores publicaranse o 9 de maio na web http://www.usc.es/gl/servizos/breogan/.

The contents of this page were updated on 05.04.2016.