Skip to main content

A Fundación USC Deportiva organizou 28 cursos e xornadas de temática diversa en apenas dous anos

Os cursos de fotografía na natureza son unha das propostas con maior aceptación. Foto: Fundación USC Deportiva
Os cursos de fotografía na natureza son unha das propostas con maior aceptación. Foto: Fundación USC Deportiva
As próximas propostas desenvolverán en Lugo o primeiro curso de iniciación ao running e técnica de carreira e unhas xornadas de iniciación ao senderismo e baixa montaña

En apenas dous anos, entre 2014 e o primeiro trimestre de 2016, a Fundación USC Deportiva suma preto de 30 cursos e xornadas de formación celebradas para preto de 300 participantes en Santiago e Lugo. O abano de actividades formativas desenvolvidas pola Fundación abranguen dende a fotografía de natureza á iniciación á autodefensa ou as artes marciais, así como obradoiros de relaxación ou control e manexo de GPS.

Neste período, as iniciativas que acumulan un maior número de edicións son os obradoiros de técnicas de relaxación e meditación como ferramenta de saúde, cun total de cinco, ou os cursos de fotografía de natureza, con outras catro. Outras propostas xa asentadas na programación da Fundación USC Deportiva son os cursos de iniciación ao running e técnica de carreira, os de manexo do GPS ou os monográficos de Tai-Chi.

Lugo
Actualmente, está aberta a inscrición para o primeiro curso de iniciación ao running e técnica de carreira a celebrar en Lugo, así como para unhas xornadas de iniciación ao senderismo e baixa montaña.

The contents of this page were updated on 05.06.2016.