Visita institucional da conselleira de Medio Rural á Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias do Campus Terra da USC

A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez; a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, e a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, realizarán este venres 6 de maio, a partir das 11.30 horas, unha visita institucional ás novas instalacións da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (Aplta) do Campus Terra da USC. Os vicerreitores de Coordinación e Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do campus de Lugo, Javier Bueno e Andrés Barreiro, respectivamente, e o director da Aplta, Enrique Arbones, ademais doutro persoal da Aplta, recibirán os membros da comitiva de representantes políticos da Xunta de Galicia, aos que informarán sobre a actividade formativa e de investigación que se desenvolve nesta plataforma tecnolóxica mixta do Campus Terra da USC, para logo completar un percorrido pola nova sede da Aplta, situada no número 152 da Rúa Montirón de Lugo.