Skip to main content

‘Con saias e a rachar’, a beneficio da Fundación Andrea

‘Con saias e a rachar’, a beneficio da Fundación Andrea
‘Con saias e a rachar’, a beneficio da Fundación Andrea

Como vén sendo habitual nos últimos anos, o grupo de teatro TRiSMuS de Medicina representará este mércores 11 unha obra en beneficio da Fundación Andrea de axuda a nenos e nenas con enfermidades crónicas, terminais e de longa duración.

Nesta ocasión representarán ‘Con saias e a rachar’, de Willy Wilder, ás 20.30 horas no teatro Abanca (rúa Preguntoiro, 23). A entrada é de 3 euros para estudantes e 5 para o público xeral e o recadado irá integramente á fundación.

The contents of this page were updated on 05.10.2016.