Skip to main content

Xa en marcha o Programa de Formación para a Empregabilidade nos campus de Lugo e Santiago

A Universidade de Santiago acaba de poñer en marcha o Programa de Formación para a Empregabilidade para o presente curso académico. Trátase de diversas actividades formativas, a impartir nos dos campus, cos que se axudará ao alumnado a desenvolver o seu talento e creatividade de cara a adquirir competencias que melloren as súas oportunidades de inserción profesional.

Actualmente está aberta a matrícula para os obradoiros en Lugo ‘Actitude como ferramenta para o éxito’ que impartirá Raquel Pedrouso os vindeiros 26 e 27 de outubro e ‘Toma de decisións: fixar obxectivos realistas’ impartido por Aixa Permuy os días 7 e 10 de novembro.

No Campus de Santiago xa se poden inscribir no obradoiro ‘Creatividade para a innovación’ de Raquel Pedrouso os días 2 e 3 de novembro e na xornada ‘Coaching para a potenciación das capacidades persoais e a consecución de metas’ impartido por Jorge Salinas o vindeiro 17 de novembro.

As actividades, financiadas polo Consello Social da USC, son de carácter gratuíto para o estudantado. Ademais, está en trámite a concesión de 1 crédito pola asistencia dun mínimo de 25 horas a este programa de formación.

The contents of this page were updated on 10.21.2016.