Skip to main content

Alumni USC coloca un segundo monólito no Recanto da Saudade

Alumni USC conta nun espazo verde de Campus Vida (fronte ao Sanatorio La Esperanza) co Recanto da Saudade, un proxecto ideado polo difunto doutor Sixto Seco que pretende celebrar o retorno do antigo alumnado ás aulas da USC nos diversos actos de celebración de aniversario das promocións universitarias.

En 2007 colocouse nese recanto un monólito de pedra que contén as distintas placas conmemorativas deses actos. Agora, case dez anos despois, o recanto contará cun segundo para poder continuar no labor de lembranza e conmemoración de todo o alumnado que pasou pola USC.

Ese segundo monólito inaugúrase este sábado 8 ás 12.30 horas nun acto no que, ademais da presidenta de Alumni USC, Benita Silva Hermo, asistirán a asesora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social da USC, Marta Carballo Fidalgo, e o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia de Santiago, Xan Duro Fernández.

Vodas de prata de Medicina
Tamén este sábado se celebran as vodas de prata de Medicina da promoción 1985-1991. Os actos comezan co descubrimento da placa correspondente no Recanto da Saudade para logo, sobre as 13.15 horas, participar nun acto académico na Facultade de Medicina no que intervirán o decano do centro, Juan Gestal; Manuel Noya en representación do profesorado; e Juan E. Quevedo Seco no nome da promoción.

The contents of this page were updated on 10.07.2016.