Inaugurouse o curso do IV Ciclo Universitario en Santiago con 176 estudantes

O curso do IV Ciclo Universitario da USC inaugurouse este luns no Colexio de Fonseca nun acto que presidiu o vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa, Roberto López, e no que Antonio Rodríguez Martínez pronunciou unha conferencia sobre o futuro dos programas universitarios de maiores.
Na inauguración interviñeron ademais a directora do IV Ciclo, Esther Olveira Olveira; o subdirector xeral de Dependencia e Persoas con Discapacidade, Jorge Rubén Sampedro; e o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios Diz. No mesmo acto impuxéronselle as becas aos estudantes da segunda promoción Regina Cepeda Vidal, Serafín González Prieto, Carmen Platas Sánchez e Carmen Rey Mariño.
No curso deste ano do IV Ciclo, un programa de formación dirixido a maiores de 50 anos, están matriculados 176 persoas, ás que non se lles esixe nivel académico previo. O ciclo ofrece dous títulos propios, o Diploma Senior e o Diploma Excélsor.