Skip to main content

A USC participou en Madrid nun encontro de institucións educativas españolas con universidades de Corea

A USC participou en Madrid nun encontro de institucións educativas españolas con universidades de Corea
A USC participou en Madrid nun encontro de institucións educativas españolas con universidades de Corea

A Universidade de Santiago de Compostela participou este martes nun encontro de institucións educativas españolas con universidades de Corea, evento organizado por Eduespaña na sede do ICEX en Madrid.

O obxectivo do encontro foi permitir a distintas institucións españolas explorar posibilidades de acordos de colaboración con universidades coreanas en materia de intercambio de estudantes, profesorado e persoal investigador.

No evento participaron as universidades coreanas de Ulsan, Pulsan National University, Incheon National University, Hanyang University, Chosun University, Chonnam National University, Catholic University of Daegu, Busan University, Kyung Hee University y Korea University. As dúas últimas contan xa cun acordo de colaboración en vigor coa USC.

Por outra banda, o asesor para a Xestión da información e a elaboración do Mapa relacional da Vicerreitoría de Internacionalización, Jacobo Daniel Feás Vázquez, foi recibido polo embaixador dese país, Hee-kwon Park, trala súa visita no mes de setembro do pasado ano co fin de fortalecer as relacións con institucións educativas dese país.

The contents of this page were updated on 10.05.2016.