Skip to main content

USC e Fundación Vodafone España asinan este mércores en Lugo un convenio e presentan a ‘D3mobile Metrology World League 2015’

O reitor da USC, Juan Viaño, e o director da Fundación Vodafone España, Santiago Moreno, asinarán este mércores 18 de febreiro, a partir das 12.30 horas, na sala de prensa da Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo, un convenio entre as dúas institucións para o desenvolvemento da ‘D3mobile Metrology World League 2015’, un campionato mundial de modelado 3D de precisión con teléfono móbil promovido polo grupo de investigación Uscan3D da Escola Politécnica Superior da USC e aberto á participación de estudantes de ensinanzas medias.

A sinatura deste convenio entre a USC e a Fundación Vodafone España será previa á presentación das novas que presenta a D3Mobile Metrology World League na edición de 2015, así como outras cuestións relativas ao desenvolvemento das distintas probas programadas ou aos premios cos que será agasallados os equipos gañadores. O reitor Juan Viaño presidirá a posta de largo da ‘D3Mobile Metrology World Leauge’ nunha sesión aberta ao público e na que, entre outros, tamén estará presente o director da Fundación Vodafone España. O director do Centro Español de Metroloxía do Ministerio de Industria, Enxería e Turismo, Fernando Ferrer Margalef; o director xeral de Formación Profesional e Innovación Educativa da Xunta de Galicia, Manuel Corredoira López; o deputado delegado das áreas de Cultura, Turismo, Educación e Normalización Lingüística da Deputación de Lugo, Mario Outeiro; o director da Escola Politécnica Superior, Tomás Cuesta García, e o director do proxecto, o profesor da USC Juan Ortiz, completan a relación de persoas que intervirán como relatores na sesión de presentación da ‘D3mobile 2015’, que tamén ser poderá seguir en directo vía web.

The contents of this page were updated on 02.17.2015.