Skip to main content

As conversas do CulturaLab abordan este mércores no Museo de Lugo a relación entre espazos produtores de coñecemento

Lucía Castro guiará a partir das 19.00 horas esta sesión aberta, durante a que tratará de establecer as ligazóns entre universidade, investigación e movementos sociais

O ciclo de conversas do CulturaLab do máster en Servizos Culturais da USC terá este mércores, partir das 19.00 horas, unha nova entrega no Museo Provincial de Lugo, onde Lucía Castro guiará unha coloquio co público no que tratará de establecer as relacións existentes entre diferentes espazos produtores de coñecemento.

Nesta sesión, a través da que os promotores do CulturaLab pretenden reivindicar e recuperar a conversa como forma de aprendizaxe, Lucía Castro procurará establecer unha ligazón entre a universidade e outros espazos ou contornas das que tamén emerxe coñecemento, tales como poden ser a investigación militante ou a produción que se está a xerar arredor dos movementos sociais. Esta sesión, coa que se dá continuidade ao ciclo aberto por Beka Iglesias, manterá o mesmo esquema que a sesión inaugural, segundo indica o coordinador do CulturaLab do máster en Servizos Culturais da USC, Fran Quiroga, quen subliña que o concepto de ligazón será o eixe temático da sesión aberta que terá a Lucía Castro como protagonista.

The contents of this page were updated on 02.10.2015.