Skip to main content

O día 20 remata o prazo para solicitar mobilidade a países extracomunitarios

A USC mantén aberta a convocatoria de mobilidade fóra do Espazo Europeo de Ensino Superior. Quen desexe realizar estadías dun curso completo ou un cuadrimestre en USA, Australia, Canadá, Xapón, China ou países de Iberoamérica dispón de prazo ata o 20 de febreiro para solicitalo. Para coñecer máis acerca desta oportunidade de completar formación fóra da USC o Servizo de Relacións Exteriores está organizando charlas informativas en diferentes centros e ten dispoñible en liña os testemuños de antigos estudantes que contan a súa experiencia.

As persoas interesadas en solicitar a mobilidade cara a un país de Iberoamérica poden optar a algunha das 25 bolsas de apoio que Banco de Santander ofrece grazas a un convenio asinado coa Conferencia de Reitores de Universidades Españolas.

The contents of this page were updated on 02.05.2015.