Skip to main content

O concurso de cultura clásica Odisea celebra este mércores a ronda de desempate da fase autonómica

Está promovido pola Sección Galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos (SEECGalicia) que preside a profesora da USC Cecilia Criado

‘O amor en Grecia e Roma’ é o lema co que se desenvolve a décima edición do concurso de cultura clásica Odisea, que en Galicia suscitou a atención de 678 alumnos e 59 centros de ensino secundario e bacharelato. Esta é unha iniciativa que desenvolve a Sección Galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos (SEECGalicia) que preside a profesora da USC Cecilia Criado. O alumnado, organizado por equipos e baixo a supervisión dun profesor ou profesora, responden a través de Internet varias quendas de preguntas sobre o currículo de Cultura Clásica, Latín e Grego. Este mércores 4 celebrarase unha sesión de desempate para os 29 equipos que acadaron semellante clasificación na primeira fase. Con esta xornada conclúe a etapa autonómica do concurso na que se proclamará un equipo gañador que representará a Galicia fronte aos das sedes de Andalucía, Aragón, Cataluña, Extremadura, A Rioxa, Valencia e Valladolid.

The contents of this page were updated on 02.03.2015.